Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela calcula que a Xunta informará o PXOM a finais de xaneiro ou principios febreiro

Nota de prensa

ALFREDO LLANO AGARDA QUE A XUNTA INFORME O PXOM A FINAIS DE XANEIRO OU PRINCIPIOS DE FEBREIRO

Burela, 20 de decembro de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, agarda que a Xunta informe o Plan Xeral de Ordenación Municipal a finais de xaneiro ou principios de febreiro. Así o asegurou o rexedor á saída do encontro que mantivo esta mañá en Santiago con responsables da Dirección Xeral de Urbanismo.

Llano contou que “estivemos vendo o PXOM que elaboramos de acordo cos intereses da nosa vila e das afectacións que podería ter o Plan de Ordenación do Litoral. Nós queremos que teña as menores posible en zonas como O Perdouro, Foxo ou A Marosa. Non nos poden dicir cómo vai quedar, pero aseguraron que terán en conta as nosas pretensións neste sentido”.

O rexedor confía en que “a Xunta informe o noso plan hacia finais de xaneiro ou principios de febreiro, segundo nos comentaron na xuntanza que mantivemos esta mañá con responsables de Urbanismo o arquitecto municipal e máis eu”.

Exit mobile version