Nota de prensa
Estado das praias
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, valorou de xeito moi positivo as últimas analíticas e informes emitidos pola Consellería de Sanidade da Xunta sobre o excelente estado da auga das praias de Burela. O alcalde sinalou que “despois de ser un ano preocupante nalgún momento xa que incluso tivemos que retirar provisionalmente unha bandeira azul dos nosos areais, agora a cualificación sanitaria da temporada 2010 para as nosas praias é de excelente. Eso quere dicir que fixemos ben as cousas, que mantivemos as praias limpas e en perfecto estado de uso, algo que é bó para os que se acheguen aos nosos areais”. Alfredo Llano lembrou que “estivemos aplicando a normativa ISO 14.001 conseguimos tres bandeiras azuis, que agardamos renovar no 2011. Estamos diante dunha boa noticia, felicitar á xente de Burela por este logro e dicirlles que seguiremos a traballar para manter estas condicións e para melloralas”