Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela anuncia que a praza do Concello denominarse praza da Confraría de Pescadores

Nota de prensa

O EQUIPO DE GOBERNO APROBARÁ NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA POÑERLLE O NOME DE PRAZA DA CONFRARÍA DE PESCADORES Á  PRAZA DO CONCELLO. ASÍ O ANUNCIABA HOXE O REXEDOR.

Praza do Concello, Burela, Casa do Concello (Foto de burela.org: Karina e Marcos)

Burela, 23 de decembro de 2010. O equipo de goberno aprobará no pleno do vindeiro 30 de decembro poñerlle o nome de praza da Confraría de Pescadores á praza do Concello. Así o anunciaba esta mañá o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “no pleno que teremos o día 30 de decembro un dos puntos que abordaremos será unha petición realizada pola confraría de pescadores de Burela para darlle ese nome á praza onde está o Concello. Imos aprobar esa petición en recoñecemento á labor realizada pola confraría en diversos ámbitos na vila, é de xustiza facelo e aprobarémolo nesa sesión prevista para ás 10 da mañá”.

Acto cultural

Llano tamén lembrou que “ás oito desta tarde no auditorio da Casa da Cultura haberá un acto cultural e musical, trátase da presentación do libro de Pablo Mosquera Historias de nunca jamás, e actuará un grupo do Conservatorio de Viveiro que interpretará temas europeos e latinos. Pensamos que será moi interesante para todo o mundo”. O alcalde engadiu que “o libro é unha recopilación de historias de sempre contadas oralmente que se van mantendo de xeración en xeración e que son importantes para o patrimonio cultural da nosa comarca”.

Entrega de libros

Por outra banda, Ediciones Protocolo ven de doar un lote de libros (23 exemplares) coa colección da súa área de formación ao Concello de Burela. O acto tivo lugar esta mañá na biblioteca municipal. Alfredo Llano recibiu os libros de mans de Mar Castro e Luis López, autores do último número da colección Técnicas para falar en público, guía para unha comunicación eficaz, presentado hai dous meses no Concello.

Exit mobile version