Nota de prensa:
ALFONSO FUENTE CONFIRMA A APERTURA DUN EXPEDENTE DE INVESTIGACIÓN, DESPOIS DA DENUNCIA PRESENTADA POR UN CONSTRUCTOR NA QUE INVOLUCRA Á SECRETARIA MUNICIPAL NUNHA PRESUNTA TRAMA DE CORRUPCIÓN URBANÍSTICA.
Barreiros, 13 de decembro de 2010. O alcalde, Alfonso Fuente, confirma a apertura dun expedente de investigación, despois da denuncia presentada por un constructor na que involucra á secretaria municipal nunha presunta trama de corrupción urbanística.
O rexedor explicou que “o que se está a facer no día de hoxe, como xa tiña anunciado, é abrir unha investigación interna a este funcionario, á secretaria municipal, sobre esa información publicada en La Voz de Galicia. Debemos presumir a inocencia desta persoa, pero non podemos deixar de velar polos intereses de todos os veciños do Concello. Hai que abrir unha investigación e analizar todos estes feitos”
Fuente Parga asegura que “queremos axilizar este asunto ao máximo e daremos conta do resultado da investigación nun ou noutro sentido, porque os veciños merecen unha explicación sobre esta denuncia”.