Nota de prensa
Beatriz García Santamarina asume a dirección de Novas Xeracións en Trabada
* Os membros da nova executiva teñen por obxectivo “traballar por conseguir unha Trabada mellor”
Trabada, 18 de decembro 2010.- Onte tivo lugar o nacemento de Novas Xeracións de Trabada, no que estiveron presentes, arroupando á elexida presidenta, Beatriz García Santamarina, o tamén trabadense e secretario xeral de NNXX de Galicia, Juan Francisco López Prieto; o presidente provincial, Daniel Vega e o secretario xeral provincial, José Antonio González, entre outros.
Tamén asistiron ao acto destacados membros do Partido Popular como o presidente provincial de Lugo, Xosé Manuel Barreiro; o secretario provincial de Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente local do Partido Popular de Trabada, Jose Manuel Yanes Ginzo e o ex-conselleiro de Educación, Celso Currás Fernández.
O resto da executiva local está formada polo vicepresidente,Francisco Gómez Fernández; a secretaria xeral, Paula Yanes Marqués, e os vogais Antía Fernández. Acevedo, Hugo Fernández, Adán Díaz, Olga Yanes, Diego Santomé, Iván Fernández. Teijo, Reyes Yanes e César Díaz.
Tanto a recén nomeada presidenta coma o resto da executiva local mostráronse dispostos a “traballar por conseguir unha Trabada mellor”, e “axudar a construír un futuro mellor para todos os mozos e mozas deste concello” con este proxecto común do Partido Popular de Trabada.