Site icon Crónica3.com A Mariña

No programa KmO da Deputación participaron máis de dez mil persoas de toda a provincia

Nota de prensa:
Km0.Deputación de Lugo pecha o ano 2010 con máis de 10.200 participantes

– En total, dende que o organismo provincial puxo en marcha o programa medioambiental, en setembro de 2008, máis de 30.000 persoas redescubriron a provincia

– A Ribeira Sacra, a Mariña e Samos, destinos das últimas seis rutas organizadas dentro do programa para este ano

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a un grupo da Asociación de Veciños Santa Eulalia de A Devesa (Ribadeo) e a outro da Asociación de Sabadelle para o Desenvolvemento Rural de Chantada dentro de Km0. A Ribeira Sacra, a Montaña e o Concello de Samos son os destinos das últimas seis rutas organizadas dentro do programa para 2010 co que o organismo provincial contribúe a manter uns 3.000 postos de traballo directos e indirectos en distintos sectores da provincia. Máis de 30.000 persoas redescubriron a provincia grazas a esta iniciativa que a Deputación puxo en marcha en setembro de 2008.10.205 fixérono este ano.

No primeiro caso, os veciños de Ribadeo, logo de seren recibidos no Pazo de San Marcos visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño. A continuación, desprazáronse ata o sur da provincia, onde coñeceron o mirador e as igrexas de Cadeiras e de Proendos. Completaron a ruta cunha desgustación na adega Proencia. Asimesmo, os integrantes da asociación chantadina viaxaron ata a Mariña despois de coñecer o Mazo de Santa Comba. No municipio de Cervo, fixeron o paseo dos Namorados e visitaron Sargadelos e o Real Padroado.

O mércores, integrantes da Comisión de Persoas Maiores de Lugo (ASORLU) optarán pola ruta “Adegas e Miradores”, que inclúe unha visita a Pena do Castelo, á cerámica de Gundivós e unha degustación da adega Regina Viarium. Previamente, percorrerán o Mazo de Santa Comba. Este mesmo día, un grupo da Asociación Veciñal e Cultural “Terras da Casteñeira” do Incio visitarán o Centro de Interpretación Terras do Miño. Acto seguido, coñecerán a cetárea do Rinlo, a illa Pancha e o casco histórico ribadense. Tamén farán un percorrido ata o Castelo de San Damián.

O xoves, membros da Asociación de Veciños “As Carballeiras” de Lugo visitarán a oleiría de Bonxe e o municipio de Samos; localidade na que visitarán a Capela do Arcipreste, a área recreativa do río Oribio e o Mosteiro. Pola súa banda, integrantes da Asociación de Veciños de San Esteban de Mote (Guntín) percorrerán o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación. Tamén visitarán Cervo, onde percorrerán Sargadelos, o Real Padroado e o Paseo dos Namorados.

Exit mobile version