No beneficio de tódolos xovenses
“unha mellora moi substancial que vai redundar no beneficio de tódolos xovenses, especialmente os que a habitan”
Estás verbas do señor alcalde de Xove véxoas cheas de hipocrisía e cinismo, se tanto se preocupa polos veciños de Xove voulle dar algunhas pautas:
1º – fomentar o emprego en Xove, por exemplo outorgando as obras a empresas do noso concello (hai empresas dabondo e querer é poder, o resto son escusas de mal pagador, a non ser que xa veñan outorgadas a algún amigo que é o máis probábel) así como fomentar a creación de novas empresas facilitándolles axudas e terreo industrial pero para iso terían que solucionar a especulación que hai coas prazas do polígono….
2º – os que habitan Xove e os xovenses necesitan servizos e o seu partido está a quitalos e non vexo que vostede faga nada por evitalo, léase votar en contra de vivendas sociais para Xove (non todos gañamos 3000€ ao mes que permitan facer un chalet ao pé da praia ou pagar un piso a un prezo desorbitado) votar en contra do cinturón industrial de Alcoa, pedir que a sanidade a teñan que pagar os veciños, incrementar o recibo da auga, piscina, gardería e máis….
3º – aportar obra nova, pero como carecen de ideas adícanse a romper o feito por anteriores gobernos, e vólveno a facer tal cual e namáis, (iso sí, con foto) sen aportar nada novo. (so aportan o 6% dos orzamentos a investimento real, cando o anterior goberno nunca baixou do 8%, que de por sí tamén era irrisorio)
4º – aparcar a cámara de fotos, aínda que é a única que fai algo no concello, e adicarse a traballar e buscar ideas e solucións (non todo son festas aínda que sexa o único que parece saben facer ben ) e senón as teñen collan as da oposición que están para iso, pero claro como son da oposición xa lle dicen que non, sen escoitalas.
E por último tomen exemplo de gobernar para todos: a Deputación de Lugo (gobernada polo BNG) entregou axudas ao concello de Xove, ¿Que asignou o PP a Xove ultimamente?