Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX organiza un acto sobre o sector pesqueiro para o sábado en Burela

Nota de prensa:

Traballadores do mar analizarán este sábado a situación do sector en Burela

* Patróns dos principais portos da Mariña intervirán na mesa redonda: “Sector Pesqueiro: Fonte e Riqueza do País”
* O acto, organizado por NNXX, será ás 12:00 horas nas instalacións de ABSA

Burela, 9 de novembro 2010.- Novas Xeracións da provincia de Lugo organizará este sábado a mesa redonda “Sector Pesqueiro: Fonte e Riqueza do País” na que patróns dos principais portos da Mariña analizarán a situación pola que está a pasar o medio. O acto, que se celebrará nas instalacións de ABSA no porto de Burela, dará comenzo ás 12:00 horas.

A agrupación político-xuvenil anunciou hoxe o acto nunha rolda de prensa celebrada na sede de Novas Xeracións en Burela. Na presentación participaron o candidato a alcadía na cidade da Mariña, José María González Barcia; o presidente de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, e o coordinador do Mar da executiva provincial, José Balbino González Rio.

O coordinador de pesca presentou o programa no que participarán patróns maiores dos portos de Burela, Celeiro, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Según indicou José Balbino González, os traballadores farán partícipes aos asistentes “das súas experiencias no mar ao tempo que analizarán os problemas da xente novas no sector”. Pola súa banda, o candidato do PP en burela agradeceulle a Novas Xeracións por facer un “acto en Burela no que se tratarán os problemAs dun sector estratéxico”. Mentres, Daniel Vega asegurou que Novas Xeracións traballará “con responsabilidade polo sector

Exit mobile version