Nota de prensa
Comité Organizador Festa da Faba
Dende o Concello de Lourenzá informase que o vindeiro sábado 18 de decembro terá lugar o concerto de Luar na Lubre, que servirá de presentación en Galicia do seu novo traballo “Solsticio”, na Discoteca El Recreo a partir das 22,30 horas e con entrada gratuita.
Este concerto terá lugar despois da suspensión que se levou a cabo, dentro da programación da Festa da Faba, debido ás condicións climatolóxicas adversas. Dende a organización queremos agradecer a colaboración dos responsables da Discoteca El Recreo pola cesión das súas instalacións para poder levar a cabo o mencionado concerto.
Sons acústicos, cambios de ritmo que fan que o folk celta pase do romanticismo ao baile, recreación de elementos poéticos, lendas e metáforas que empregan para definir a súa forma de sentir a música e a vida. Todo esto está no novo disco que leva por nome “Solsticio” e que xa está a venda dende o pasado 30 de novembro e que supón un paso máis na trexectoria desta formación que paseou con orgullo a Galicia por medio mundo.
Neste disco volven á orixe, ás melodías que conseguiron con “Plenilunio” convetendoo nun dos discos folk referentes nas últimas décadas do noso país.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. “Solsticio” recolle melodías dende o Medievo ata a actualidade como Ven a bailar Carmiña, Romance de Don Gaifeiros, Nau, Costa da Morte ou unha nova versión de A Saia da Carolina para volver a definir Galicia e o seu espíritu aberto a través da música. A banda folk o estrenará en directo nas terras galegas o vindiero 18 de decembro na Discoteca El Recreo de Lourenzá.