O proxecto da Luz da Paz de Belén (LPB10) é unha iniciativa de Scouts e Guías de Austria que, coa colaboración de Scouts de diferentes países de Europa e outros continentes, reparten a Luz da Paz acendida cada ano por un neno ou nena austríaco na cova do Nacemento de Xesús en Belén. A distribución da Luz da Paz a todos os países participantes realízase desde Viena e simboliza unha mensaxe de Esperanza,Paz e Amor. A Luz da Paz de Belén chegou a Barcelona, o pasado domingo da man dos Scouts e Guies de Catalunya, e xa na de Parroquia Sant Agustí houbo unha celebración para repartila entre todolos asistentes, entre os que se encontraban os Scouts Galegos. Baixo o lema deste ano “SEMENTAA” esa Luz xa está eiqui en Galicia e o vindeiro venres 17 ás 8 da noite haberá unha celebración na Catedral de Santiago, onde todolos grupos Scouts Católicos de Galicia irán recollela para posteriormentes distribuila por parroquias, fogares particulares, hospitais, residencias de anciáns, prisións e outras asociacións dos seus respectivos pobos e cidades.Despois da celebración da Catedral, haberá unha cea conxunta de tódolos grupos, nos locais da Pastoral Xuvenil, para falar dos proxectos do vindeiro ano e para así asi felicitarse o Nadal.
Grupos Scouts Católicos de Galicia recolleran a repartirán a Luz da Paz de Belén
Grupos Scouts Católicos de Galicia recolleran a repartirán a Luz da Paz de Belén
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo