A CASA DA CULTURA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN COS TRABALLOS REALIZADOS NO TALLER DE ARTERAPIA.
Burela, 22 de decembro de 2010. Durante as vacacións de nadal estará aberta na sala de arte da Casa da Cultura a exposición cos traballos realizados no taller de arterapia, que formaba parte do obradoiro de memoria que se veu celebrando desde o pasado mes de marzo. Trátase dunha actividade organizada pola Delegación de Benestar Social para as persoas con problemas de memoria ou coma medida de prevención antes de que éstes aparezan.
Segundo explica Neves Cando “corenta persoas disfrutaron deste taller que se complementaba con outro de envellecemento saudable”. A exposición dos traballos realizados (debuxos, marcos de fotos, broches, tarxeteiros, pratos, imáns..:), que foi inaugurada hoxe mércores permañecerá aberta ata o remate destas festas en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.