Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares do CEIP O Cantel de Foz falaron con Papá Noel a través de videoconferencia

Os alumnos e alumnas máis pequenos/as do CEIP O Cantel disfrutaron dunha xornada moi especial. Durante a mañá puideron falar e ver a Papá Noel a través de videoconferencia. Atopábase en Laponia ultimando os detalles para partir por todo o mundo para repartir agasallos a todos os nenos e nenas. Os/as que puideron compartir este encontro, ao arredor de 50, contáronlle a Papá Noel que se portaran moi ben e relatáronlle os agasallos que querían para o Nadal, aínda que nalgúns casos Papá Noel xa recordaba ter lido a carta dalgún deles. Os/as profesores agradecéronlle a Papá Noel o seu tempo e pedíronlle que os seus alumnos/as fosen igual de bos o ano que ven.

Exit mobile version