Entregaron no Concello de Burela os premios aos gañadores do IV Concurso de Microrelatos sobre Violencia de Xénero, que convocou a Concellaría de Igualdade. A gañadora, Noelia Casariego, obtivo 150 euros; o segundo José García Quelle levou 100 euros e a terceira Lucía Díaz foi obsequiada con 75 euros. Ademais dos premios en metálico para o vindeiro ano coa celebración do 25 de novembro editaranse os relatos gañadores desta cuarta edición. A tenente de alcalde e concelleira de Igualdade, Neves Cando, foi a encargada de entregar ditos premios.