Nota de prensa:
ABERTO O PRAZO PARA O TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO
Acábase de abrir o prazo para solicitar as VACACIÓNS DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO, polo que tódalas persoas interesadas, e lóxicamente que cumpran os requisitos, poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello para solicitar este servizo.
As solicitudes hai que presentalas nos Servizos Sociais do Concello.
O prazo de presentación de solicitudes, para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive), é o seguinte:
-Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 17 de xaneiro de 2011.
-Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 16 de maio de 2011.
Requisitos das/dos solicitantes:
-Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
-Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
-Valerse en por si para as actividades da vida diaria.
-Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
-Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
-Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
-Situación económica dos solicitantes.
-Idade dos solicitantes.
-Que non gozara da praza en anos anteriores.
-Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
-Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
-Tamén poderán ser persoas beneficiarias das prazas os cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores, sempre que cumpran á súa vez os requisitos 2), 3) e 4) .
Documentación que hai que aportar:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2010, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
Solicitude . A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.