Nota de prensa:
En ano e medio a Xunta incrementou en 5.679 as personas dependentes que está a atender na provincia de Lugo
* Supón un incremento do 268 por cento e eleva a cifra de dependentes atendidos a día de hoxe a 7.785. O dato deuno a coñecer o presidente do PPdeLugo durante a celebración do II Foro sobre discapacidade convocado baixo o lema “Discapacidade e dependencia en tempos de crise”
* O encontro, que foi inaugurado pola conselleira de Traballo e Benestar e clausurado pola responsable de Benestar do PPdeG, estaba especialmente dirixido ás asociacións de discapacitados de toda a provincia, a traballadores da área social dos concellos e a concelleiros de Asuntos Sociais
Lugo, a 9 de decembro de 2010.- A 1 de maio de 2009 na provincia de Lugo atendíanse 2.106 dependentes; a día de hoxe, 9 de decembro de 2010, están a ser atendidos 7.785, o que quere dicir que en pouco máis de ano e medio a Xunta foi capaz de incrementar nun 268 por cento a súa atención ós dependentes desta provincia.
O dato foi desvelado hoxe polo presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro durante a celebración do II Foro sobre discapacidade convocado baixo o lema “Discapacidade e dependencia en tempos de crise”, que inaugurou a conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato e clausurou a responsable de Benestar do PPdeG e Secretaria xeral de Familia e Benestar Susana López Abella, e ó que asistiron representantes de asociacións de discapacitados de toda a provincia, traballadores da área social dos concellos e concelleiros de Asuntos Sociais.
Barreiro indicou durante a presentación do encontro celebrado hoxe que o Partido Popular de Lugo quere estar apegado á sociedade, coñecer en profundidade os seus problemas para, a partir de aí e na medida do posible, aportar solucións, e que neste contexto hai que enmarcar os foros que periódicamente están a organizar nos máis diversos eidos, xa sexa educación, sanidade ou, como neste caso, servizos sociais.
Sobre o asunto abordado no foro de hoxe, que organizaron a vicesecretaria de Relacións coa Sociedade e a coordinadora de Política Social e Igualdade do PPdeLugo, Manuela López Besteiro e María Luisa Macia respectivamente, o líder dos populares lucenses recoñeceu que a Lei da Dependencia é unha medida necesaria e de xustiza social, tanto para os propios dependentes como para as persoas que se ocupan da súa atención.
Nembargantes, tamén salientou que hai que recoñecer que a súa aplicación é imposible si non se dispón dos recursos precisos para facelo. E a este respecto lembrou que a lei entrou en vigor en 2006, pero non foi dotada de orzamento para aplicala, e que a pesares de que o Estado e CC.AAs teñen que cofinanciar a partes iguais, a realidade é que Galicia está a aportar o 75 por cento dos recursos para suplir a falta de financiamento procedente do Estado.
O vindeiro ano, ademais, mentres o Goberno central rebaixa un 17 por cento os fondos destinados á dependencia; Galicia, pese os recortes ós que obriga a crise económica, incrementa esta partida un 3 por cento. Un dato que, segundo Barreiro, hai que ter moi presente porque aí é onde se constata claramente cal é o compromiso de uns e outros con esta cuestión, como en xeral en todo o concernente á política de benestar. “Os gobernos de esquerdas sempre se autoproclamaron abandeirados dos avances sociais, pero a realidade é ben distinta, xa que é un goberno socialista o que acomenteu os maiores recortes sociais de toda a nosa historia democrática”, apuntillou.