Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que a Deputación non prevé realizar melloras nas estradas de nove concellos da Mariña

Nota de prensa:

A Deputación non prevé realizar ningunha mellora nas estradas provinciais de nove concellos mariñáns

* Alcaldes e voceiros destes municipios criticaron hoxe en Trabada o abandono dos viais dependentes da Deputación e o trato discriminatorio do que están a ser obxecto por parte da administración provincial á hora de programar calquer tipo de actuación nas estradas da súa competencia

Trabada, a 13 de decembro de 2010.- Os concellos de Trabada, Barreiros, Lourenzá, Xove, O Vicedo, Abadín, Ribadeo, Riotorto e Burela contan, en conxunto, con 376,502 quilómetros de estradas de competencia provincial. Pese a elo, a Deputación non ten previsto acomenter neles ningún arranxo a cargo das melloras resultantes da adxudicación do plan de mantemento e conservación da rede viaria provincial de 2010 e que recentemente anunciou o responsable da área de Vías e Obras Manuel Martínez.

Os alcaldes e voceiros do Partido Popular de Trabada, Barreiros, Lourenzá, Xove, Riotorto e Burela criticaron hoxe en Trabada, baseándose nestes datos, o trato discriminatorio do que están a ser obxecto por parte dos responsables da administración provincial á hora de programar actuacións que, neste caso concreto, consisten na aplicación dunha capa de aglomerado asfáltico en quente. Unha situación que tamén é extensible ós municipios de Abadín, Ribadeo e O Vicedo.

Para os populares, que aproveitaron a ocasión para reiterar as súas queixas polo abandono e desatención ó que están a ser sometidas as estradas provinciais na Mariña dende a chegada do bipartito ó goberno provincial, salientaron que con este tipo de medidas queda refrendado que no equipo que lidera o socialista José Ramón Gómez Besteiro prima, sobre calquer outro criterio, o interese partidista.

Recalcaron a este respecto que, en función dos datos sobre a inexistencia de melloras nas estradas incluidas na rede provincial nos seus respectivos concellos a cargo deste plan de actuación, entendese perfectamente que dos 172,229 quilómetros nos que se prevé facer melloras en toda a provincial, tres cuartas partes correspondan a concellos gobernados por socialistas e/ou nacionalistas. E eso, a pesares de que o Partido Popular goberna en prácticamente a metade dos concellos da provincia de Lugo.

Exit mobile version