Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa aberta a inscrición para o maratón fotográfico da delegación de Comercio de Burela

Nota de prensa

O MARTES REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO MARATÓN FOTOGRÁFICO QUE ORGANIZOU A DELEGACIÓN DE COMERCIO.

Burela, 17 de decembro de 2010. O vindeiro martes, 21 de decembro, remata o prazo de inscrición para participar no maratón fotográfico que organizou a Delegación de Comercio de Burela. Os interesados aínda están a tempo de anotárense no Concello ou na Axencia de Desenvolvemento Local.

Os participantes fotografiarán os escaparates decorados para o nadal que máis lles gusten e un xurado formado por persoas especialistas na materia escollerá a fotografía gañadora nun acto que se desenvolverá o 14 de xaneiro de 2011. O autor da imaxe seleccionada recibirá 1.000 euros e o comercio que presente o mellor escaparate resultará agraciado cun premio de 500 euros.

O concelleiro de Comercio, José González Legazpi, sinala que “o maratón fotográfico forma parte da campaña de nadal que organizou a Delegación de Comercio de Burela para fomentar as compras destas datas no comercio tradicional da vila e que se está a desenvolver de forma moi positiva segundo nos informan os propios comerciantes que se achegan ao Concello para solicitar reposición de vales de compra”. O edil nacionalista engade que “xa se teñen repartido 70.000, e contamos xa con 9 persoas inscritas no maratón fotográfico. De mantérese esta incidencia, que de seguro se incrementará nas proximidades dos días festivos, con toda seguridade aumentará o número de vales da pasada edición e se superen os 100.000. Os vales de compra posibilitarán premios por importe de 3.000 euros”.

Hai uns dias José  González Legazpi aseguraba que “supón unha forte aposta económica por parte da Delegación de Comercio, agardamos que traia a Burela movemento positivo e fructífero no senso socioeconómico e que supoña un impulso importante para un sector dinámico e necesario como é o comercio local do concello de Burela”.

Exit mobile version