Onte 21 de decembro comezou na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) un OBRADOIRO DE “PINTADO DE FIGURAS E COLOCACIÓN DE BELÉN” no que están a participar numerosos rapaces/as do Concello. O obradoiro vai continuar tamén hoxe de 17:00 a 19:00 horas, para rematar mañá coa montaxe do propio belén.
