Site icon Crónica3.com A Mariña

Cesa a comisión de festas de San Cibrao anunciando que existen persoas para o relevo

Nota de prensa
Comisión de Festas Carme e Maruxaina

CESA A COMISIÓN QUE DURANTE OS ÚLTIMOS DOUS ANOS LEVOU AS FESTAS DE SAN CIPRIÁN E ADIANTA QUE XA EXISTEN PERSOAS INTERESADAS EN FACERSE CARGO DA ORGANIZACIÓN

San Ciprián, 07 de decembro de 2010.- O Presidente da Comisión de Festas do Carme e Maruxaina, Jose Ramón Soto, vén de informar da disolución da comisión encargada da organización das principais citas festivas de San Ciprián. Deste xeito pecha un ciclo de dous anos durante os que un variado grupo de veciños tiveron a honra e a responsabilidade de confeccionar o programa das festas patronais da Virxe do Carme e da festa da Maruxaina, declarada de interese turístico galego.

“Gracias a todos polo voso tempo e dedicación”.

Jose Ramón Soto quixo agradecer de todo corazón aos integrantes da Comisión saínte polo moito traballo desenvolvido durante estes dous anos. Un período que cualificou como cheo de ilusión e moito esforzo e moitas horas de traballo voluntario e desinteresado polo seu pobo.

O presidente do colectivo organizador personificou o seu agradecemento nos nomes de Manuel Ángel Gargallo, Diego Campo, Lidia Pernas, María José López, Teresa Mesa, Pilar Iglesias, Isabel Quelle, Toñi López, Dolores Palmeiro, Mª Montserrat, Evarista García, Margarita Maceira, Laureano Campo, Chelo Gallego Prieto e Pilar Armada Carrete.

Tamén fixo mención da súa gratitude dirixida ás empresas e comercios patrocinadores e ás administracións colaboradoras.

Continuidade asegurada

O presidente da Comisión de Festas adiantou que a continuidade destas citas está asegurada pois xa ten constancia dun grupo de persoas que amosaron a súa disposición para facerse cargo da organización no vindeiro ano.

Exit mobile version