Concello contará cun novo vehículo para Protección Civil o vindeiro 27 de decembro. Así o anunciaba hoxe o alcalde. Alfredo Llano explicou que “se trata dun Nissan Qashqai 4 x 4, que formará parte da flota de Protección Civil de Burela, queremos ir renovando pouco a pouco ese parque móbil e ir dando de baixa os coches máis antigos”.