Un ano máis o Concello de Foz comezou coas Tardes de Nadal, nas que nenos e nenas de entre 4 e 12 anos se divirten na época de vacacións, aprendendo a facer diferentes manualidades, xogos,… Mentres, os seus pais poden ultimar as súas compras de Nadal. Hoxe luns, o centro das Tardes de Nadal estivo na Casa da Xuventude, onde primeiro fixeron xogos de presentación, todos/as xuntos/as e, despois, en 2 grupos, fixeron globoflexia e diferentes manualidades.
Estas actividades que tiveron unha grandísima acollida entre nenos/as e pais, están organizadas pola Delegación de Xuventude, que encabeza Rosa Alonso. Desenvolveranse os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 5 de xaneiro. Ademais, o 4 de xaneiro todas as nenas e nenos que o desexen poderán viaxar a Xuvenlugo. Aínda quedan prazas e poden inscribirse para esta viaxe ata o 30 de decembro na Casa da Xuventude, ou no tlf 982 13 30 37.