Site icon Crónica3.com A Mariña

Aseguran Novas Xeracións que “pedimos que o ano 2011 sexa o ano do entendemento e da unidade política”

Nota de prensa

Novas Xeracións deséxalle a todos os veciños os seus mellores parabéns para 2011

Lugo, 31 de decembro 2010.-  A agrupación político xuvenil de Novas Xeracións da provincia de Lugo non queremos deixar pasar a oportunidade de nestas datas desexarlle un feliz aninovo 2011 a todos os afiliados e simpatizantes, así como a toda a xuventude e veciños de Lugo.

Dende a organización lucense agradecemos todos os apoios depositados en Novas Xeracións dende o congreso celebrado en setembro e animamos a todos os veciños a seguir colaborando con nós.  Novas Xeracións iniciará un novo ano co firme propósito de seguir cumprindo co programa presentado a finais de verán e co ánimo de seguir traballando para lograr o progreso da xuventude na provincia e afastala tanto como sexa posible da situación que está a pasar  o país.

Ao igual que é a nosa intención, tamén pedimos que o ano 2011 sexa o ano do entendemento e da unidade política co único fin común de lograr o benestar de todos o veciños. Con esta intención, dende Novas Xeracións da provincia de Lugo agradecemos todos os apoios e ansiamos os mellores parabéns para todos vosoutros.

Exit mobile version