Nota de prensa
O BURELA FSF PONSE A PUNTO CUN PROGRAMA REXENERATIVO
As sesións do cadro laranxa discorreron estes días entre a piscina, con tarefas de tonificación muscular, natación e xogos lúdicos, e o ximnasio, con exercicios de bicicleta, cinta rodante, circuíto de pesas e estiramentos. O equipo completou o plan de adestramento con sesións pasivas, de fisioterapia.
Co devandito programa, o conxunto feminino puido acelerar o proceso de recuperación muscular e metabólico, diminuíndo a tensión muscular e eliminando ácido láctico muscular e sanguíneo, ademais de restaurar as reservas enerxéticas e aumentar os niveis de elasticidade muscular.
A vindeira semana, as pupilas de Javier Pardeiro gozarán duns días de descanso, nos que contarán cun plan de traballo individualizado para continuar coa recuperación. O Burela FSF retomará os adestramentos de equipo o 13 de decembro, para preparar a volta á competición de Honra o 18 de decembro, na pista malagueña do CD Campillos, e despedir 2010.