Site icon Crónica3.com A Mariña

As peixerías de Burela reparten calendarios para promocionar os produtos do mar

Nota de prensa:
AS PEIXERÍAS DE BURELA REPARTEN 1.000 CALENDARIOS DESDE HOXE, DENTRO DA CAMPAÑA NO NADAL CONSUME OS NOSOS PRODUTOS.

Burela, 21 de decembro de 2010. No día de hoxe e dentro da campaña de No nadal consume os nosos produtos poñénse en circulación 1.000 calendarios cos que agasallarán as nove peixerías participantes aos seus clientes: peixería Pepa, peixería Carmiña, peixería Pepe, peixería Pastoriza, peixería Rubén, supermercados Cemar, Eroski, Gadis e cetárea de mariscos David.

Segundo explica a concelleira do Mar, Remedios López, “éste é un aliciente mais para que a xente se anime a encargar produtos que se comercializan no noso peirao. Cada peixería agasallará cun calendario a todas aquelas encargas que se fagan para a cea de noiteboa”.

A edil socialista di que “estes calendarios do 2011 son un recopilatorio de todos os traballos feitos durante o ano pola Concellería do Mar: charlas, exposicións, actividades de promoción dos produtos que captura a flota do porto de Burela, incluíndo degustacións gastronómicas, deportes náuticos, recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneis, edición de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela coa denominación Os sabores do noso mar e cursos de formación como o PER, o titulín, primeiros auxilios e socorrismo acuático. Estes calendarios reflicten que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura, o turismo e tamén a economía vinculados á actividade central do municipio. Sempre coa única idea de que sirva de plataforma divulgativa para proxectar a imaxe da localidade ao exterior incentivando a actividade de cada un dos seus sectores”.

Remedios López lembra que “o vindeiro 30 de decembro no salón de plenos do concello de Burela farase o sorteo dunha cesta doada por ABSA con produtos frescos de peixe e marisco valorada en 1.000 euros en lonxa. Este acto está aberto a todo o mundo que queira asistir”.

Exit mobile version