Nota de prensa:
As chuvias caídas nas últimas horas ocasionaron o desbordamento do río dos Matos na zona do Perdouro en Burela e tamén inundacións nalgún punto en Vila do Medio. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, estivo a visitar estes lugares durante a mañá e sinalou que “afortunadamente non choveu como hai meses, polo que non se produciron danos de importancia”.