Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada a iniciativa do PP de solicitar a reforma do código penal para aumentar as penas dos incendiarios

Nota de prensa:
Para o PPdeG debería de ser revisado para que estas non sexan inferiores aos 2 anos, o que impediría deixar libre da cárcere aos autores que non teñan antecedentes

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO PPDEG SOLICITAR A REFORMA DO CÓDIGO PENAL PARA AUMENTAR AS PENAS DOS AUTORES, DIRECTOS OU INDIRECTOS, DOS INCENDIOS FORESTAIS

o A voceira de Montes do Grupo Popular, Emma Álvarez Chao, recorda que na actualidade entre o 73 e o 80% dos incendios son provocados “polo que é necesario tolerancia cero para os autores destes crimenes non só para o medio ambiente senón tamén para a vida das persoas, como ocurríu neste verán”

o Na iniciativa popular tamén se aprobou solicitar o incremento dos recursos para a prevención, loita e persecución dos delitos forestais

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou na súa sesión plenaria de hoxe unha Proposición non de Lei do PPdeG na que solicita a reforma do Código Penal a fin de revisar e agravar as penas aos autores directos ou indirectos dos incendios forestais, esixindo que sexan establecidas có máximo rigor. A iniciativa foi transaccionada cunha emenda do BNG e aprobada por unanimidade de toda a Cámara Autonómica.

A voceira de Montes do Grupo Popular, Emma Álvarez Chao, considerou na súa intervención que o Código Penal debe ser revisado sobre todo no que atanxe aos delitos contra a seguridade pública, contra o ecosistema e o medio ambiente que están castigados con penas de cárcere entre 1 e 5 anos. Segundo a deputada popular “se ve a vontade do lexislador de non meter na cárcera aos autores xa que para penas menores de 2 anos que non teñen antecedentes podense suspender estas penas a cambio de cumplir certas condicións”.

Non ocorre o mesmo para os castigos por incendios de maior gravidade, se afecta a unha superficie considerable ou se derivan grandes ou graves efectos erosivos (con penas de 3 a 5 anos de cárcere) ou os que comporten un perigo para a vida ou integridade física das persoas (con pena de prisión de entre 10 e 20 anos). Para Alvarez Chao “a distinción do Código Penal entre todos estes delitos non se corresponde coa intencionalidade dos feitos polo que pedimos o endurecemento das penas en xeral para que estas sexan exemplarizantes e rigurosas e as marxes se apliquen co máximo rigor e severidade”.

TOLERANCIA CERO

A voceira de Montes do Grupo Popular resaltou que é necesaria unha seria reflexión sobre as actuacións penais contra os autores dos incendios forestais “que deben saber que serán castigados severamente para non caer na delictiva tentación de prender lume ao monte”. Indicou na súa intervención a importancia desta medida dada a elevada intencionalidade dos incendios xa que na actualidade entre o 73% e o 80 % son provocados “polo que é necesario tolerancia cero para os autores destes crimenes non só para o medio ambiente senón tamén para a vida das persoas, como ocurríu neste verán”.

A pesares do certo desequilibrio existente no Código Penal sobre as diversas penas a deputada popular destacou que en Galicia se apreciou un incremento importante do esforzo policial, pasando de 14 sentencias ditadas no ano 2006 a 63 no ano 2009, rexistrándose no ano 2009 o 89% das sentencias de toda España.Así mesmo incidiou na súa intervención o gran desembolso das arcas públicas, se 60 millóns de euros anuais, para combatir esta lacra social que é “necesario deter dende todos os frentes posibles”. Na iniciativa popular tamén se aprobou solicitar o incremento dos recursos para a prevención, loita e persecución destes delitos forestais.

Exit mobile version