Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela celebra asemblea de afiliados o xoves 23

Nota de prensa:
Os populares celebran mañán, xoves, unha asamblea de afiliados.

Elaborarán unha programación de actuacións para os vindeiros tres meses.

Afirman que o bipartito adolece de falla de traballo, non tén proxecto e practica o despilfarro.

O Partido Popular de Burela celebrá mañán, xoves, día vintetrés, ás oito da tarde, no salón de conferencias da antiga biblioteca, unha asamblea ordinaria de afiliados para facer un repaso do traballo realizado tanto polo propio partido coma polo grupo municipal desde o verán hasta estas datas.

Os populares valoran positivamente a serie de reunións con veciños celebradas em barrios da localidade así como as reunións mantidas con diversos colectivos socioculturais e deportivos, que permitiron transmitir de forma directa o traballo que se está a facer desde as filas do PP, así como coñecer os problemas da xente e dos colectivos, recibir suxerencias, e procurar unha búsqueda conxunta de solucións. A celebración destas reunións con veciños e colectivos é práctica habitual no PP burelés.

Ademais, os afiliados e afiliadas do PP elaborarán unha programación de traballo para os próximos tres meses, que xirará, sobre de todo, no contacto directo coa cidadanía seguindo a liña marcada para estes últimos catro meses.

Os asistentes tamén terán oportunidade de facer un repaso da situación política do municipio burelés, que para os populares se caracteriza pola ausencia de traballo, pola ausencia de proxectos de futuro que xeneren ilusión, e polo despilfarro, o que está sumindo ós veciños e veciñas da localidade no desánimo e na falla de ilusión.

Exit mobile version