Nota de prensa
ANTÓN, JUAN E MANU PREPARAN A EQUIPAXE DE SUB-19 CON RUMBO A CÁDIZ
Os xuvenís laranxas Antón, Juan e Manu defenderán as cores galegas na fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-19, que se desenvolverá en San Fernando de Cádiz entre o 28 e o 30 de decembro. Así lle foi comunicado esta mañá ao CD Burela FS pola Federación Galega de Fútbol.
Completan a convocatoria definitiva de Santiago Valladares Antonio Diz, Ángel Trabada e Diego Núñez, do Azkar Lugo; David Pazos, Marcos Fernández e Alejandro Sal, do Xacobeo 2010; Jorge Pérez, do Muebles Caloto; e Adrián Roma e Antonio Rodríguez do AD FS Bueu.
A expedición irmandiña partirá da cidade do Apóstolo o domingo 26 con rumbo a San Fernando, sede do Grupo II, no que os galegos se terán que medir a Andalucía, Madrid e Castela-A Mancha. Melilla será a sede do Grupo I, con Navarra, Aragón e Estremadura; Cataluña encabezará o Grupo III ante Baleares e Canarias; Murcia acollerá o Grupo IV, con Castela e León e Comunidade Valenciana; e, por último, no V Asturias e A Rioxa terá como sede o País Vasco.
Á fase final, que se disputará a partir do 28 de xaneiro, accederán as cabezas de grupo e o segundo combinado mellor clasificado.
Martes 28 de decembro
18.00 horas: Galicia-Madrid
Localización: Pavillón Almirante Laulhé
Mércores 29 de decembro
20.00 horas: Andalucía-Galicia
Localización: Pavillón Almirante Laulhé
Xoves 30 de decembro
11.00 horas: Galicia- Castela A Mancha
Localización: Pavillón Municipal de Puerto Rea