Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP que obras en estradas provinciais decídese en función de intereses partidistas

Nota de prensa

O GPPP reitera que as obras en estradas provinciais decídese en función de intereses partidistas

Lugo, a 10 de decembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular tacha de sectarias as actuacións que ten previsto executar a Deputación na rede de estradas provinciais con cargo ás melloras acadadas tras a adxudicación do plan de mantemento e conservación.

Os populares avalan esta acusación indicando que, segundo a programación prevista, case a metade dos municipios da provincia (31 en concreto) non se beneficiarán de ningunha actuación deste tipo. Deles, 21 están gobernados polo PP; 4 polo PSOE, 2 polo BNG e outros tres teñen rexidores independentes (Rábade, O Courel e Begonte).

Nos concellos nos que está programada algunha actuación con cargo a este plan, dende o GPPP salientan que os que teñen á cabeza representantes socialistas e/ou nacionalistas saen mellor parados. Así, en cómputos globais, os municipios do PSOE lévanse preto de 62 por cento dos 173 quilómetros nos que se acomenterán melloras no conxunto da provincial, é dicir, 106’516 quilómetros; os do BNG acaparan o 12,42 por cento, o que equivale a dicir preto de 22 quilómetros e os do PP pouco máis de 44 quilómetros, o que aínda non representa o 25 por cento.

Para os populares a conclusión é evidente: no reparto prima o interese partidista e estanse a programar actuacións das que non pode extraerse a aplicación de ningún criterio obxectivo, dado que efectuaranse arranxos en tramos de 500 metros, de 800 e mesmo de 399 metros, que pouco ou nada mellorarán o estado de abandono no que se atopa a meirande parte da rede viaria provincial.

Exit mobile version