Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos na Frouseira da Liga Celtiga Galaica

Actos desenvolvidos o dia 18 na Frouseira, onde ademais da oferenda floral aos mártires da Frouseira (ramo de caraveis vermellos), deuse lectura ao manifesto da liberdade elaborado pola LCG, nel exprésase o compromiso desta asociación co galeguismo e o soberanismo como ferramenta pra rematar coa secular dependencia galega de poderes alleos aos nosos intereses e á nosa realidade nacional. Tamén se deu lectura a un texto de Antón Meilán, un dos grandes investigadores da época de Pardo de Cela e de todo o vencellado a estes sucesos.

Exit mobile version