Site icon Crónica3.com A Mariña

Acia Foz promocionase nas redes sociais Facebook e Tuenti e dipón de páxina web

Nota de prensa

ACIA FOZ ESTÁ PRESENTE NAS REDES SOCIAIS FACEBOOK E TUENTI ADEMÁIS DE CONTAR CON PÁXINA WEB DESDE HAI UNHAS SEMANAS. EN TOTAL XA RECIBIU MÁIS DE 2.000 VISITAS.
Foz, 30 de decembro de 2010. Acia Foz está presente nas redes sociais facebook e tuenti ademáis de contar desde este mes con páxina web. En total recibiu xa máis de 2.000 visitas a través destas tres canles.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, José Carlos Paleo, sinala que “estamos a utilizar as redes sociais para difundir as noticias que xeramos, as propostas dos nosos socios e as ofertas dos seus negocios, pero tamén queremos recoller as opinións da nosa clientela”. Paleo asegura “estar moi satisfeito coa nosa páxina web e coas nosas contas en facebook e tuenti, algo que nos permite achegarnos a todos os que empregan as novas tecnoloxías da información. A medida que vaia pasando o tempo iremos perfeccionando os contidos e os servizos que queremos prestar”.
O responsable de Acia Foz lembra que “entre todas as visitas que recibamos na páxina web www.aciafoz.com imos realizar sorteos de agasallos”. O primeiro será o vindeiro 30 de xaneiro de 2011.

Exit mobile version