A Asociación de Comerciantes de Foz pon en marcha estes días a súa páxina web www.aciafoz.com, na que se poderá atopar información dos seus asociados por sectores ou por orde alfabética, ademais dos enlaces con ditos establecementos. Segundo explica o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, “os nosos asociados terán a posibilidade de incluír na páxina web as súas propostas, as súas ofertas… tamén poñeremos a disposición dos usuarios información sobre as actividades que realizamos e entre todas as visitas que reciba a páxina web imos facer todos os meses un sorteo de agasallos”.
ACIA Foz pon en marcha a súa páxina web
ACIA Foz pon en marcha a súa páxina web
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este Venres Santo na II Degustación do Mexillón de Rinlo, organizada pola asociación de veciños O Cantal, en colaboración co Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar
-
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicitou as xogadoras de Burela FS e Castro pola final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino que se xogou este xoves no Pavillón dos Deportes de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion
-
Abriu recentemente en Ribadeo, nas galerías comerciais que comunican as rúas San Francisco e Reinante, unha zapatería de calzado respectuoso infantil, aínda que tamén ofrece algo para adultos