Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sombriza inaugura unha exposición cos carteis do concurso “Móvete contra a violencia de xénero”

Nota de prensa:
A mostra permanecerá aberta na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián

A Sombriza inaugura unha exposición cos carteis participantes no concurso Móvete contra a violencia de xénero

• No mesmo acto procederase á entrega do premio –un reproductor de DVD portátil- ao gañador Juan Mario Lawicki Aragón, estudante de primeiro de bacharelato do IES Perdouro de Burela.

 ¿CANDO? Domingo 5 de xaneiro ás 19.00 horas.
 ¿ONDE? Casa da Cultura de San Ciprián.

Información complementaria.- Nesta ocasión –o segundo ano que A Sombriza organiza este concurso- foron máis de 67 as láminas recibidas para participar nesta actividade e procederon dos distintos institutos da Mariña lucense, de xeito destacado, Ribadeo, Burela e Mondoñedo.

A través deste concurso A Sombriza pretendía concienciar e sensibilizar á sociedade da Mariña e, de xeito destacado, ás xeracións máis novas, para que se comprometan na erradicación da violencia machista. O cartel ganador describe, en branco e negro, a imaxe dunha muller chorando dentro dun espazo pechado. O autor indica que as mulleres que sofren violencia son as únicas que poden dar o paso para saír e salvarse e anima ao apoio da sociedade ás vítimas.

Cómpre facer mención tamén aos 2º e 3º carteis clasificados, xa que quedaron moi próximos ao ganador. Os outros carteis que o seguiron moi de cerca son SER LIBRE ESTÁ NAS TÚAS MANS de Patricia Martínez Paz e Lara Rubal Otero do IES SAN ROSENDO – MONDOÑEDO (2º) e A TÚA VIDA É O PRIMEIRO de Pablo Peláez Campos do IES SAN ROSENDO – MONDOÑEDO (3º)

Exit mobile version