Por incrible que poda parecerme, a dereita aporta un plantexamento interesante sobre a peregrina idea de darlle o nome da confraría de pescadores á Praza do Concello de Burela. Paréceme positivo que considere que “a praza é un lugar emblemático dentro da nosa vila, polo que ten de simbolismo ó estar fronte ó edificio municipal e representar ó conxunto da cidadanía”. Descoñezo, e non me interesa, de onde parte a iniciativa, a que se debe, e que finalidade ten outorgar á confraría de pescadores á praza de todos os veciños de Burela.
Percibo a desagradábel sensación de que, en ocasións, os mandatarios municipais descoñecen a realidade na que viven e os intereses do conxunto da cidadanía e, o que é peor, aprecio con excesiva frecuencia que os actuais gobernantes de Burela seméllanse aos da anterior lexislatura e créense que o fan ben.
Xosé Rego