Nota de prensa
Recollida de sinaturas pola residencia de anciáns e centro de día en Foz
Tralas actuacións de corte máis institucional, unha das primeiras actuacións que se farán será a de recoller sinaturas de maneira coordinada entre a xente de Foz para demostrar que a nosa vila ten unha auténtica necesidade destes dous servicios que se reclaman. Deste modo, a partir dos vindeiros martes 7 e sábado 11 de decembro, a partir das once da mañá, membros desta plataforma estarán no mercado e nas portas dos supermercados, respectivamente, para informar ós cidadáns e recoller as súas firmas de apoio.
Por este medio quérese pedir a colaboración tanto dos focenses coma das persoas que visitan a nosa vila, xa que a residencia de anciáns e o centro de día supoñen un servicio necesario e imprescindible non só para Foz senón para toda a comarca.