A PISCINA MUNICIPAL DE LIEIRO EXPERIMENTOU UN AUMENTO DE USUARIOS DO 18% NO 2010
*
A Unidade de Promoción do Exercicio atendeu nun mes e medio a 46 persoas na práctica do deporte de xeito saudable
Cervo, 29 de decembro 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o delegado municipal de Deportes, Rubén Fernández, visitaron na mañá de hoxe as instalacións da piscina municipal de Lieiro para coñecer o do responsable da Unidade de Promoción do Exercicio os resultados obtidos neste mes e medio no que estivo operativa esta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia co obxecto de fomentar a actividade física e deste xeito loitar contra o sobrepeso e o sedentarismo.
Aumento de usuarios na piscina municipal co inicio da nova temporada
Antes de dar a coñecer os datos da Unidade de Promoción do Exercicio, o rexedor salientou o pulo dado neste ano 2010 dende o Goberno local para intentar promocionar a piscina municipal de Lieiro mediante o investimento en melloras de infraestrutura e materiais desta instalación “e conseguir deste xeito que a xente se anime a utilizar estas excepcionais instalacións únicas na provincia e das poucas que existen en Galicia” recalcou.
Neste senso Villares sinalou que os datos rexistrados no Concello de usuarios da Piscina Municipal oscilou entre xaneiro e xullo deste ano entre os 311 e os 313. No mes de setembro apreciouse unha baixada, chegando a ser 306 socios; mentres que co inicio da nova temporada no mes de outubro é cando a piscina de Lieiro experimentou unha subida significativa chegando a 343 socios nese mes. En outubro o número de socios aumentou en 20 (363), mentres que no que vai de mes houbo 4 socios máis (367). “Polo tanto, os datos indican que o incremento de socios nestes doce meses foi dun 18% e o aumento maior produciuse a partires do último trimestre” indicou Rubén Fernández, delegado, de Deportes.
Sobre estas cifras Villares e Fernández puntualizaron que o numero real de usuarios da piscina é moi superior ao número de socios, xa que a gran maioría de carnets son da modalidade familiar, do cal se benefician unha media de tres persoas por asociado. A estes datos hai que engadir tamén o aumento de venta de bonos individuais de uso das instalacións “os cales triplicaron a demanda” salientou o responsable da área de Deportes municipal.
Unidade de Promoción do Exercicio
Os responsables locais tamén amosaron a súa satisfacción polos resultados acadados pola Unidade de Promoción do Exercicio (UPE) posta en marcha neste municipio dende mediados do pasado mes de novembro e que rematará a súa labor o vindeiro 31 de decembro.
Neste mes e medio de andaina a UPE atendeu a un total de 46 persoas que solicitaron o apoio e a asistencia profesional en materia de práctica regular e adecuada de exercicio físico saudable tanto nas instalacións da piscina e o ximnasio municipal, coma tamén para a práctica de deportes ao aire libre.
As idades das persoas que acudiron á UPE oscila entre os 16 e os 70 anos; sendo maioría a franxa de idade comprendida entre os 40 e 50 anos. En canto a sexos as mulleres foron as usuarias maioritarias (25), seguidas moi de preto polos homes (21). Por último, destacar que 6 persoas proceden doutros municipios.
Para o alcalde de Cervo e para o edil de Deportes, estes datos son o froito do impulso dado polo Goberno local en materia deportiva e máis concretamente por elanzar a actividade nas instalacións da piscina municipal.
Máis de 80.000 euros
Villares e Fernández lembraron que os investimentos feitos nestes doce meses na piscina de Lieiro superaron os 80.000 euros. “Nun primer momento fixemos unha inversión de 60.000 euros, gracias ao apoio da Secretaria Xeral para o Deporte, e logo modernizamos o ximnasio cunha partida de 21.000 euros, dos cales 8.000 foron froito doutra axuda da Xunta, á que é xusto agradecerlle especialmente o seu compromiso con Cervo” indicaro