Site icon Crónica3.com A Mariña

A música, a escena e a maxia da Mariña floreceron en FOZ-arte2010

Nota de prensa

A música, a escena e a maxia da Mariña floreceron en FOZ-arte2010

O pasado venres, día 10 de Decembro, ás  oito da tarde   na Sala Bahía de Foz, un conxunto de artistas  mariñáns, aficionados á música, ás artes escénicas e a maxia  comezaron a servir con ilusión a  primeira edición de  FOZ-arte,  un cóctel    que deixou  no público asistente un sabor agradable e aplaudido coa esperanza de  voltar a saborealo en vindeiras edicións.

O  apretado programa conducido con maestría por Anxo Rivas deu comezou coa presencia da “Guardia Civil de Tráfico” no monólogo interpretado  por Ramón Ares seguido dunha emotiva dramatización poética ,”Foz na  alma” ,maxistralmente interpretada pola voz de María Paz Rodríguez Silva  acompañada do xenial acordeonista Lino Rico.   Antón Crego  complementou os primeiros impulsos da mostra cantando “A Natureza ” e ·Cómplices” dúas fermosas cancións.

O grupo de teatro ” A Adala” de Fazouro, cumplindo o seu décimo aniversario , abriu a parte teatral de forma orixial  con  “Unha  tarde de pesca” que deu  paso a Tono Alonso, a voz inconfundible e portensosa, que musicou e interpretou con personalidade singular  a Curros  e a Fernádez Abellla coas cancións ” Silenzo”  ” Na Morte de Rosalía” e “Acouga Corazón”.
Raiolas de Alfoz  demostrou o seu bo facer  teatral  pechando  á primeira parte  coa “Historia de Pepito o fracasado”.

A segunda  parte  foi máxica.  O  Mago Jorge con dous  espectaculares xogos  deixou patente a súa enorme calidade  a mesma que  demostraron   Esperanza Pérez, María Paz Rodríguez e Lino Rico   estreando ” Música de fume”,unha  comedia musical que  deu paso os compoñentes de “O Batán ” de Cangas para que dictaran  “A Sentencia”.

Os merecidos aplausos finais  foron para a excepcional voz  e interpretación de Luis Rodríguez,”O Rosino”,na compaña dos grandes mestres Alex , á guitarra, e Lino Rico, ó acordeón, que puxeron broche de ouro  facendo vibrar ó público ó son de “La Mañana”, “Alma llanera”  ” El Rey” e “Dilaila”.

Esta primeira mostra da  creatividade artística da mariña  que floreceu na Sala Bahía cumpriu co obxectivo de abrir portas e fomentar  a interrelación entre os participantes polo que fai medrar a esperanza  de que , correxindo erros e mellorado aspectos puntuais, se recollan nun futuro próximo  os froitos  desta  primeira edición de  Foz-arte, organizada polo Concello de Foz, co seu alcalde e a técnico de Cultura  Pilar López ó frente, e coordinada  por Francisco Piñeiro  que aplauden a asistencia dun público agradecido que cubriu máis de tres cuartos de aforo e  a colaboración altruísta de tódolos participante

Exit mobile version