Site icon Crónica3.com A Mariña

A Liga Céltiga Galaica convoca unha “Xornada da resistencia galaica” e conmemora a decapitación de Pardo de Cela

A Liga Céltiga Galaica convoca prao sábado 18 de decembro a XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA en conmemoración daquel 17 de decembro do 1483 no que a decapitación de Pardo de Cela supuxo o remate de máis de dous longos anos de resistencia na Frouseira contra o imperialismo da coroa castelá.Lembramos e homenaxeamos aos galegos que loitaron contra o poder foráneo e a ocupación do territorio, converténdose en mártires da causa nacional galega. Os actos serán os seguintes:13:00 h.: Xantar de confraternidade no Bar San Pedro (Mor-ALFOZ). Cómpre apuntarse antes do xoves 16 no 600378363 ou no     mensaxe2@hotmail.com. 16:00 h.: Acto na Frouseira: Lectura do “Manifesto da Liberdade” e  máis dun texto enviado  por Antón Meilán, quen desculpou a súa asistencia por estar de viaxe. Oferenda floral aos mártires. 18:00 h.: Acto no Castrodouro: Uns gaiteiros interpretarán a Marcha do Antigo Reino da  Galiza na contorna do castelo. A LCG anima a participar nestes actos de afirmación patriótica -de carácter aberto- pra que ningunha xerazón esqueza a loita dos nosos devanceiros por manter viva a identidade  e a soberanía nacionais da Galiza. Por outra banda, vén de publicarse o número 67 da revista O PRADO DAS CHANTAS, o cal corresponde ao mes de decembro. Amais das seccións habituais, o tema central deste número é a Xornada da Resistencia Galaica

Exit mobile version