A Liga Céltiga Galaica convoca prao sábado 18 de decembro a XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA en conmemoración daquel 17 de decembro do 1483 no que a decapitación de Pardo de Cela supuxo o remate de máis de dous longos anos de resistencia na Frouseira contra o imperialismo da coroa castelá.Lembramos e homenaxeamos aos galegos que loitaron contra o poder foráneo e a ocupación do territorio, converténdose en mártires da causa nacional galega. Os actos serán os seguintes:13:00 h.: Xantar de confraternidade no Bar San Pedro (Mor-ALFOZ). Cómpre apuntarse antes do xoves 16 no 600378363 ou no mensaxe2@hotmail.com. 16:00 h.: Acto na Frouseira: Lectura do “Manifesto da Liberdade” e máis dun texto enviado por Antón Meilán, quen desculpou a súa asistencia por estar de viaxe. Oferenda floral aos mártires. 18:00 h.: Acto no Castrodouro: Uns gaiteiros interpretarán a Marcha do Antigo Reino da Galiza na contorna do castelo. A LCG anima a participar nestes actos de afirmación patriótica -de carácter aberto- pra que ningunha xerazón esqueza a loita dos nosos devanceiros por manter viva a identidade e a soberanía nacionais da Galiza. Por outra banda, vén de publicarse o número 67 da revista O PRADO DAS CHANTAS, o cal corresponde ao mes de decembro. Amais das seccións habituais, o tema central deste número é a Xornada da Resistencia Galaica
A Liga Céltiga Galaica convoca unha “Xornada da resistencia galaica” e conmemora a decapitación de Pardo de Cela
A Liga Céltiga Galaica convoca unha “Xornada da resistencia galaica” e conmemora a decapitación de Pardo de Cela
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo