Site icon Crónica3.com A Mariña

A escola municipal de música de Ribadeo celebra o festival de Nadal

Nota de prensa:
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, día 18 de decembro, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal.

Trátase dunha das actuacións clásicas na programación cultural do Nadal ribadense e unha das que goza de maior afluencia de público. En total serán 13 as agrupacións que pasarán por riba do escenario nunha tarde-noite na que os ritmos clásicos deixarán paso ás panxoliñas, ao pop, ao soul e máis aos éxitos do momento. Grupos de guitarras, de pianos, de danza, de metais, saxos, clarinetes, percusión, un grupo tradicional ou unha orquestra clásica son as formacións que van actuar nun concerto que, coma todos os anos, virá cargado de sorpresas e de momentos especiais cos que poñer punto e final ao primeiro trimestre na EMMeD de Ribadeo.

Exit mobile version