Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación di que cumpre o prazo de apertura aos Concellos ó “Lugo Emprega”

Nota de prensa:
Gómez Besteiro cumpre o prazo de apertura para a adhesión dos Concellos ó “Lugo Emprega”

– As entidades locais terán, dende hoxe, un prazo improrrogable de sete días para sumarse á iniciativa, que remata o 5 de xaneiro

– O Presidente dá a coñecer o listado co número exacto de traballadores que lle corresponde a cada Concello dentro desta iniciativa, dotada con 8 millóns de euros, e na que se contratarán a 711 desempregados

– Segundo os criterios poboacionais do Plan, nos municipios gobernados polo PP investiranse preto de 3,2 millóns; nos do PSOE algo más 3,5; nos do BNG preto de 800.000 e nos rexidos por grupos independentes máis de 255.000 euros

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, deu a coñecer este mércores o listado co número exacto de traballadores que se contratarán en cada Concello dentro do plan “Lugo Emprega”, que foi aprobado onte polo Pleno e co que o organismo provincial reducirá o número de parados na provincia ó tempo que incrementa a cooperación cos Concellos. Asimesmo, Gómez Besteiro anunciou que esta mesma mañá o organismo provincial meteu nos Rexistros dos 67 Concellos da provincia a comunicación oficial para que estes se adhiran a esta ambiciosa iniciativa, dotada con 8 millóns de euros, e coa que se dará traballo a 711 desempregados durante seis meses. As entidades locais terán, dende hoxe, un prazo improrrogable de sete días para sumarse á iniciativa, de tal xeito que o prazo para formalizar a solicitude remata o 5 de xaneiro. Deste xeito, o máximo mandatario provincial cumpre a palabra dada no día de onte ós integrantes do Pleno.

Todos os Concellos contarán cun mínimo de 4 efectivos, de tal xeito que o máximo de traballadores, un total de 73, asignaráselle ó Concello de Lugo, que representa un 10% do Plan. O perfil dos contratados serán, fundamentalmente, operarios municipais que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local.

Neste senso, de acordo cos criterios obxectivos que seguiron para a posta en marcha do Plan -a porcentaxe que representa a poboación de cada un dos municipios en relación coa total da provincia, excluíndo ó da capital- a distribución dos traballadores é a seguinte:

1.- Concellos gobernados polo Partido Popular: son 35 e suman 110.795 habitantes. En total, contrataranse 289 parados, o que supón un investimento de 3.146.671 euros.

2.- Municipios liderados polo PSOE. Son un total de 25 e contan con 200.022 habitantes. Nese caso, a contratación ascende a 326 desempregados e o orzamento é de 3.544.426 euros.

3.- Nas entidade locais rexidas polo BNG, un total de 5, o numero de contratados será de 45. O investimento é de 792.845 euros e o número de habitantes de 37.664.

4.- Nos Concellos gobernados por grupos Independentes, actuarase en 3, que suman 7.078 habitantes. Neste caso, investiranse 255.567 euros na contratación de 23 parados.

“Distribución democrática”

Gómez Besteiro destacou que “é un plan para toda a provincia, xa que nestes momentos o que toca é compartir, polo que é unha satisfacción que os 67 Concellos reciban unha distribución absolutamente democrática. Esperemos que este exemplo cunda noutras administracións porque pronto veremos novos plans de cooperación e pediremos que se así se faga, xa que de non ser así terannos frontalmente en contra para denunciar como se executan as políticas nunhas administracións e como se fan noutras. Eu creo que a mellor proba do algodón serán as adhesións que se terán que producir en sete días. Produciranse dous fenómenos: ou non haberá adhesións a este convenio, co cal se entende que o desemprego non lle preocupa ós Alcaldes dos Concellos que non se sumen, ou se a resposta é positiva por parte de todos, haberá algúen que quedou desautorizado”.

O Plan, estará operativo a finais de xaneiro. A contratación dos traballadores establece as seguintes condicións: no caso dos municipios de máis de 5.000 habitantes e con máis de 500 persoas en paro, a Deputación asume o custe total da contratación, mentres que as entidades locais encargaranse da selección dos traballadores, formalización dos contratos e adxudicación de destino co material necesario correspondente.

Nos de menos de 5.000 habitantes ou con menos de medio milleiro de desempregados, o organismo provincial non só financia a contratación, senón que realiza a selección dos traballadores porque os Concellos pequenos non dispoñen de todos os recursos para facelo.

A Deputación realiza este investimento millonario sen aumentar a débeda pública. Permitirá, ademais, a creación do obradoiro de documentación “Os Arquivos do Pazo”, que estará a pleno rendemento a finais de febreiro e será responsable da catalogación e dixitalización da documentación deste departamento.

concello

habitantes

% HABITANTE

Nº PLAZAS POR CONCELLO

EUROS POR CONCELLO

27054 Riotorto

1.559,00

2

20006,56

7

74.745

27047 Pobra do Brollón (A)

2.162,00

3

27744,82

7

76.162

27030 Mondoñedo

4.603,00

6

59070,03

9

97.923

27051 Ribadeo

9.854,00

12

126455,81

20

217.606

27031 Monforte de Lemos

19.486,00

23

250062,71

30

326.409

BNG

37.664,00

45

483339,92

73

792.845

27056 Rábade

1.718,00

2

22046,99

7

76.820

27029 Meira

1.822,00

2

23381,62

7

78.177

27007 Begonte

3.538,00

4

45402,95

9

100.570

INDEPENDIENTES

7.078,00

90831,56

23

255.567

27053 Ribeira de Piquín

723,00

1

9278,22

4

43.521

27033 Muras

860,00

1

11036,33

4

43.521

27038 Ourol

1.259,00

2

16156,67

7

70.830

folgosodo caurel

1.274,00

2

16349,17

7

71.026

27061 Trabada

1.436,00

2

18428,10

7

73.140

27004 Baleira

1.641,00

2

21058,86

7

75.815

27008 Bóveda

1.719,00

2

22059,83

7

76.833

27043 Páramo (O)

1.733,00

2

22239,49

7

77.016

27064 Vicedo (O)

2.070,00

2

26564,19

7

81.413

27024 Incio (O)

2.113,00

3

27116,01

7

76.162

Alfoz

2.133,00

3

27372,67

7

76.162

27042 Paradela

2.193,00

3

28142,64

7

76.162

27063 Valadouro (O)

2.210,00

3

28360,80

7

76.162

27021 Xermade

2.293,00

3

29425,94

7

76.162

Antas de Ulla

2.499,00

3

32069,52

7

76.162

27027 Lourenzá

2.569,00

3

32967,83

7

76.162

27059 Sober

2.749,00

3

35277,76

7

76.162

27009 Carballedo

2.799,00

3

35919,40

7

76.162

27901 Baralla

2.998,00

4

38473,16

7

76.162

Abadín

2.998,00

4

38473,16

7

76.162

27041 Pantón

3.032,00

4

38909,48

9

93.967

27026 Láncara

3.041,00

4

39024,98

9

94.084

27023 Guntín

3.187,00

4

40898,59

9

95.989

27005 Barreiros

3.252,00

4

41732,73

9

96.837

27060 Taboada

3.478,00

4

44632,97

9

99.787

27025 Xove

3.555,00

4

45621,11

9

100.791

27040 Palas de Rei

3.682,00

4

47250,89

9

102.449

27050 Quiroga

3.894,00

5

49971,48

9

97.923

27014 Corgo (O)

4.046,00

5

51922,08

9

97.923

27020 Friol

4.430,00

5

56849,93

9

97.923

27058 Saviñao (O)

4.638,00

6

59519,18

9

97.923

27013 Cervo

4.724,00

6

60622,82

9

97.923

27039 Outeiro de Rei

4.886,00

6

62701,75

9

97.923

27015 Cospeito

5.275,00

6

67693,77

13

141.444

27065 Vilalba

15.406,00

18

197704,30

26

282.888

PP

110.795,00

1421825,80

289

3.146.671

concello

habitantes

% HABITANTE

Nº PLAZAS POR CONCELLO

EUROS POR CONCELLO

27035 Negueira de Muñiz

221,00

0

2836,08

4

43.521

27062 Triacastela

792,00

1

10163,69

4

43.521

27052 Ribas de Sil

1.169,00

1

15001,71

7

76.162

27045 Pedrafita do Cebreiro

1.336,00

2

17144,81

7

71.835

27037 Nogais (As)

1.409,00

2

18081,62

7

72.788

27034 Navia de Suarna

1.490,00

2

19121,08

7

73.845

27055 Samos

1.743,00

2

22367,82

7

77.146

27012 Cervantes

1.780,00

2

22842,64

7

77.629

27049 Portomarín

1.838,00

2

23586,95

7

78.386

27046 Pol

1.870,00

2

23997,60

7

78.803

27048 Pontenova (A)

2.918,00

3

37446,52

7

76.162

27011 Castroverde

3.110,00

4

39910,45

9

94.984

27006 Becerreá

3.276,00

4

42040,72

9

97.151

27044 Pastoriza (A)

3.631,00

4

46596,41

9

101.783

27032 Monterroso

4.088,00

5

52461,07

9

97.923

27018 Fonsagrada (A)

4.638,00

6

59519,18

9

97.923

27010 Castro de Rei

5.725,00

7

73468,59

13

141.444

27022 Guitiriz

5.907,00

7

75804,19

13

141.444

27016 Chantada

9.086,00

11

116600,11

20

217.606

27902 Burela

9.171,00

11

117690,91

20

217.606

27019 Foz

9.880,00

12

126789,47

20

217.606

27057 Sarria

13.476,00

16

172936,72

24

261.127

27066 Viveiro

16.052,00

19

205994,38

27

293.768

27028 Lugo

95.416,00

73

794.262

PSOE

200.022,00

326

3.544.426

Exit mobile version