Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación di que recoñece o compromiso de Fomento con Galicia na xestión de grandes infraestruturas

Nota de prensa

A Deputación recoñece o compromiso do Ministro de Fomento con Galicia e con Lugo na xestión de grandes infraestruturas

– O Pleno aprobará mañá a moción na que se lembra que José Blanco cumpriu o protocolo establecido para o desenvolvemento da rede de alta velocidade en Galicia, fronte ó plantexado polo Partido Popular, que quedou en nada

– Antonio Gato subliña que a macrolicitación do AVE cuestiona as catro iniciativas que o PP presentou na Deputación, “que reflicten a desconfianza no Ministro e a ansiedade política dos dirixentes populares”

– Aprobáronse as preto de 70 obras do Plan Complementario, dotado con 9,5 millóns de euros, e posto en marcha para intensificar o apoio ós municipios máis poboados ou que exercen como motores comarcais

– A Deputación executará, dentro do canon, a 2ª fase do auditorio de Chantada por valor de máis de 900.000 euros

A Deputación aprobará no Pleno mañá a moción do grupo provincial socialista na que se recoñece o compromiso do Ministro de Fomento, José Blanco, con Galicia e con Lugo na xestión das grandes infraestruturas viarias e ferroviarias. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, lembrou que o día 13 de decembro o responsable do Departamento do Goberno Central e o Presidente da Xunta de Galicia celebraron unha xuntanza coa finalidade de revisar o chamado Pacto do Obradorio, e que o Ministerio de Fomento comunicou á Unión Europea a licitación por máis 6 mil millóns de euros dos treitos pendentes e o mantemento da nova liña.

“Barreiro chegaba aquí e falaba do AVE, converténdose este tema no fío condutor do plantexamento político da oposición. O Pacto tiña un prazo, o 31 de decembro, e déuselle unha volta por ambas as dúas partes, e constatouse que segue a cumprirse e segue vivo, o cal causou a satisfacción do señor Feijóo. Igual mañá Barreiro di que isto produciuse grazas ás iniciativas presentadas, pero este argumento non o pode dar. Isto cuestiona todas as iniciativas que o Partido Popular presentou na Deputación, ata en catro ocasións se reflictiu a desconfianza no Ministro e a ansiedade política dos dirixentes populares”, apuntou Gato Soengas.

O voceiro provincial socialista subliñou que o protocolo para o desenvolvemento da rede de alta velocidade en Galicia ten servido para impulsar o avance da liña de Alta Velocidade Ourense-Lugo, cumpríndose ata o momento todo o establecido para a provincia. “Pola contra, o impulso á execución de dita liña plantexado polo Partido Popular quedouse en nada. Non houbo ningún tipo de xestión, ou anuncio de previsións, sobre o compromiso do Presidente da Xunta coa provincia de Lugo”.

Exit mobile version