Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Mar de Burela fixo un spot para televisión para promocionar a campaña de Nadal

Nota de prensa

A CAMPAÑA NO NADAL CONSUME OS NOSOS PRODUTOS, QUE ORGANIZA A CONCELLERÍA DO MAR, CHEGA MAÑÁ Á TELEVISIÓN. ADEMÁIS O LUNS DARÁ COMEZO O REPARTO DE 1.000 CALENDARIOS ENTRE OS CLIENTES QUE FAGAN AS SÚAS COMPRAS NAS PEIXERÍAS LOCAIS.

Burela, 15 de decembro de 2010. A campaña No nadal consume os nosos produtos, que organiza a Concellería do Mar, chega mañá á televisión.

A edil Remedios López explica que “se fixo un spot publicitario para promocionar os nosos produtos que se emitirá en V Televisión. Será de 15 pases e 7 días de duración, no horario de máxima audiencia, dende o día 16 ata o 23 de decembro, no informativo rexional de mediodía e pola noite entre as 22 e as 22:30 horas. Elixiuse esta cadea porque cubre unha poboación diaria, no ámbito de Galicia, de 200.000 persoas de luns a xoves, os venres de 250.000 persoas diarias e o fins de semana e festivos de 350.000, con picos que chegan ata 375.000 persoas diarias en toda Galicia”.

A concelleira do Mar sinala que “tamén dentro desta campaña o luns 20 de decembro poranse en circulación 1.000 calendarios, que se repartirán de forma gratuítas polas peixerías participantes na campaña. Cada vez que se faga unha encarga de peixe ou marisco para as festas do Nadal será agraciado cun destes exemplares. Estes calendarios do 2011 levan unha recopilación de todos os traballos que organiza a Concellería do Mar en Burela coma un exemplo claro de que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura , o turismo e a economía vinculados a actividade central do municipio, o mar”.

Remedios López lembra que “ao longo de todo o ano, fixéronse charlas, exposicións , actividades de promoción dos produtos que captura a flota do porto de Burela incluíndo degustacións gastronómicas ou deportes náuticos entre a poboación infantil cun acercamento ao mundo do mar. Tamén a recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneis, edición de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela baixo a denominación de Os Sabores do noso mar e cursos de formación como o PER, o titulín ou de primeiros auxilios e socorrismo acuático. Todo coa única idea de proxectar a imaxe da localidade ao exterior e incentivando a actividade de cada un dos seus sectores cara ao mar”.

A concelleira socialista subliña que “todo este proxecto levarase a diante grazas a unha subvención concedida ao 65%, a través dos GAC da Mariña- Ortegal Eixo 1, cos fondos europeos da Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia .O resto do orzamento (35%) será con cargo aos fondos propios do Concello de Burela”.

Exit mobile version