Nota de prensa
Carta que a Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública lle entregou o Presidente da Xunta na xuntanza que tivemos o sábado 27-11-2010.
Foz a 27 de Novembro de 2010.
Estimado Presidente.
Como seguramente coñecerá a través do PP de Foz, a Comisión Focega en Defensa da Sanidade Publica está a reclamar un servizo de urxencias médicas 24 horas para o centro de saúde de Foz.
A orixe desta reivindicación cidadá ven de fai xa moitos anos, e ten o seu comezo no momento de definirse o actual mapa sanitario galego, no cal o noso concello queda sen PAC.
Inicialmente reclamábase que en Foz se instalase un PAC. E con este fin os veciños de Foz crearon unha plataforma cidadá na que se atopaban representantes de partidos políticos, asociación de comerciantes, asociacións culturais, de veciños, deportivas ,etc. Esta plataforma levou a cabo infinidade de actos reivindicativos: reunións con políticos dunha e doutra cor, manifestacións, recollida de sinaturas, encerros, encadearse na Consellería de Sanidade en Santiago, envío de postais ao conselleiro, etc.
Estes actos reivindicativos non tiveron resultados positivos para as xustas reclamacións dos veciños. A parte de boas palabras por parte dalgún que outro político non se acadou nada mais.
Cando se implantou o novo sistema de urxencias médicas e Foz foi asignado ao PAC de Burela, a Plataforma deixou de funcionar e creouse a actual Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública que se puxo ao fronte das reclamacións veciñais.
Durante os últimos dez anos a Comisión Focega mantívose ao fronte das reivindicacións dos veciños. Abandonouse a inicial reclamación dun PAC para Foz por outra demanda de mínimos: un servizo de urxencias médicas 24 horas no centro de saúde de Foz.
Neste tempo a constancia e a tenacidade da Comisión co apoio inestimable dos veciños fixo que se lograsen unha serie de melloras como son as urxencias pola tarde ata as 22 horas os días laborables e unhas horas nas mañas dos sábados e domingos. Estes logros din ben ás claras que estamos a pedir algo de xustiza para Foz.
En todos estes anos a Comisión Focega mantivo infinidade de actos e xestións co fin de lograr este servizo de urxencias:
Reunións con políticos de todos cores (Fraga, Cochón, Touriño, Quintana, Pepe Blanco, Ismael Rego, Balseiro, Parga, etc.). Uns eran cargos públicos (Presidente da Xunta, Conselleiros, Ministros… ) e outros lideres da oposición. Acadamos varios compromisos, algún mesmo por escrito, pero ningún deles se chegou a cumprir.
Reunións con diferentes cargos técnicos da Consellería de Sanidade en varias ocasións.
Concentracións todos os primeiros sábados de mes.
Encerros en facenda, centro de saúde, etc.
Manifestacións.
Asistimos a varios actos dos diferentes partidos políticos portando pancartas, etc ….
En todo este tempo non deixamos de reclamar o que consideramos xusto para o pobo de Foz, e por elo en ocasións fomos tachados de estar politizados. Unhas veces tachábannos uns e outras outros, dependendo si estaban gobernando ou non. Pero nós non deixamos nunca de levar a cabo as nosas reivindicacións, sen importarnos quen estaba a gobernar en cada momento. Así defendemos as nosas demandas diante de Fraga, Touriño e Quintana. E agora diante de vostede, que por certo leva xa moito tempo sen respostarnos as solicitudes de entrevista que lle temos feito.
Os politizados son vostedes que están a usar este tema dunha forma partidista co fin de sacar un rédito político.
Non deben de esquecer que sobre este tema xa se reuniron con nosoutros os señores Santalices e Balseiro que se ofreceron a axudarnos e colaborar en obter este servizo. O señor Balseiro mesmo presentou na anterior lexislatura vaias propostas no Parlamento de Galicia solicitando un PAC ou un servizo de urxencias para Foz. E mesmo se xactaba de que so lle faltaba un voto para conseguir ditos servizos.
Tamén deben de recordar que os señores Barreiro e Balseiro se comprometeron na campaña electoral das últimas autonómicas a resolver o tema das urxencias médicas de Foz.
Nós non imos a parar. Non imos a parar ata acadar o que é de xustiza porque temos a razón do noso lado e temos a forza do que defende o que é xusto.
A nosa demanda dun servizo de urxencias médico para Foz non é ningún capricho, é como consecuencia dunha serie de feitos que se poden constatar e medir, entre os que podemos destacar:
Foz é o único concello de Galicia de máis de 10.000 habitantes que non dispón dun PAC.
Foz na época estival, no Nadal, en Semana Santa e nas pontes mais importantes do ano aumenta considerablemente a súa poboación, ao ser Foz un concello con moita 2ª vivenda.
O Pac de Burela é dos que máis poboación atende en circunstancias normais. E na época estival aínda se agrava o problema ao aumentar moito a poboación dos concellos asinados a dito PAC.
Os tempos de espera no PAC de Burela son moi superiores aos da maioría dos PACs de Galicia. Estes tempos de espera xa son famosos entre os mariñáns e xa forman parte da nosa picaresca. Os mariñáns non somos cidadáns de segunda e merecemos unhas condicións tan dignas como as de calquera outro galego.
Por outro lado debemos dicirlle que non nos valen as típicas desculpas coas que constantemente nos están a despachar.
Nós non somos os culpables da crise actual, nin os que temos que pagar as consecuencias da mesma. Ademais en períodos de crise o que hai que facer non é deixar de gastar, senón gastar con mais criterio si cabe, e podémoslle dicir que aínda se están a ter bastantes gastos innecesarios. Por outro lado a crise a nós non nos exime de ter que cumprir os nosos compromisos, nin de ter que pagar a nosa hipoteca.
A famosa ambulancia medicalizada, si, esa que se confirmou na pulpada de San Froilán, non é ningunha solicitude nosa. A nós nunca nos oiría falar da ambulancia medicalizada, nin para ben, nin para mal. Non vai con nós. Pensamos que non ven a suplir a nosa demanda dun servizo de urxencias médicas 24 horas no centro de saúde de Foz, posto que se despraza dun lugar para outro dependendo das necesidades, ao mesmo tempo que, aínda que teña a base en Foz, non pasa consulta. Por outro lado o custo de implantar e manter a ambulancia medicalizada é maior que o que suporía un servizo de urxencias médicas 24 horas.
É certo que pode haber parroquias de Foz como Cangas, Cordido ou Nois, que poden preferir quedar asinados ao PAC de Burela pola súa proximidade xeográfica, pero non é menos certo que seguindo o mesmo criterio da proximidade xeográfica, San Cosme de Barreiros, Celeiro de Mariñaos ou Vilamar están mais próximos a Foz que o PAC ao cal están asinados.
Tampouco nos sirve a desculpa de que hai catro anos para poñer o servizo comprometido. Nós non somos intransixentes e podemos esperar un certo tempo prudencial, pero sempre que se vaian dando pasos nese sentido, pouco a pouco aumentando horario de servizo, con dotación presupostaria e prazos claros e concretos.
Si non é desta maneira nós seguiremos na loita como non pode ser doutra maneira para unhas persoas comprometidas co futuro do seu pobo e o dos seus veciños.
Sen outro particular.
Cordiais saúdos e boa estanza en Foz.