Nota de prensa
RELACIÓN XOGADORES CONVOCADOS SELECCIÓNS A MARIÑA FÚTBOL SALA
Un ano máis os diferentes combinados das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala xa escollerons aos rapaces que defenderán as cores da nosa comarca na fase de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que este ano ten o aliciente de que por primeira vez se disputará na nosa comarca, na localidade de Viveiro o vindeiro 30 de Xaneiro.
A selección benxamín, dirixida polo laurentino Brenan Rivas Terrón está formada polos seguintes xogadores: Lucas Díaz Teijeira, Miguel González Giz, Brais Vilal González, Juan López Sánchez, Natalael Jiménez Borja e Mario Cao Ossorio do Praia de Covas, Pol Bassa Mora e Aaron Artin Hernández do CD Burela FS, Adrián Rodríguez Rego da A.C.D. Xove, Arturo Cardenal López Santos de A Mariña FS, Jorge Insúa Candia do C.F.S. Cidade de Viveiro e Hugo Rodriquez Pardo das ED Lourenzá.
Pola súa parte a selección alevín, dirixida polo focense Francisco Vázquez Beltrán está formada polos seguintes xogadores: Pablo López Gallo, Manuel Vázquez Cortiñas e Manuel Noceda Ferreiro das ED Lourenzá, Luismi Nieto Fraga e Néstor Valle Gómez do CD Burela FS, Roi Campo Rivero e Fran Fiallega Fernández de ED Pontenova-Superti, Daniel Bertolo Casas, Fran Rolle Meiti, Xavi Goás Gómez e Xoel Rodríguez García do C.F.S. Cidade de Viveiro e Noé Cabana Alemparto da A.C.D. Xove.
Polo que respecta á selección infantil, dirixida por Christian Gómez Fustes, está formada polos seguintes xogadores: Samuel Alvo Cabaleiro e Alejandro Paz Alonso de A Mariña F.S., Christian García Méndez, Renato Lopes Furtado, Borja Blanco López, Adrián Sanjurjo Penabad, Daniel López Otero, Cristian Reigosa Karageorgian e Aaron Fernández Cabana do CD Burela FS, Javier Fraga Pérez e Jorge Pernas Vázquez do C.F.S. Cidade de Viveiro e Aaron Blanco Casabella da A.C.D. Xove.
Finalmente a selección cadete, dirixida polo viveiriense Emilio González Escourido ”Melu”, está formada polos seguintes xogadores: Erik Campo Vázquez, Óscar Blanco Basanta, Cristian Fernández Fernández, Santi Timiraos González e Diego Fernández Medina do C.F.S. Cidade de Viveiro, Miguel Márquez Fernández, Daniel García Maseda, Miguel Rivas Romo, Isaac Losada Cunha, Benxamín Pena López e Cristian Méndez Soares do CD Burela FS e Rubén Fernández Díaz das ED Barreiros