A directora do hotel Vila do Val recolleu en Santiago o diploma coa Q de Calidade Turística Galicia 2010. Un galardón concedido por Turgalicia aos establecementos que recibiron no 2010 a Q de calidade do ICTE. María Hermida móstrase “moi orgullosa de poder recibir este recoñecemento ao gran esforzo e traballo de todo o persoal do hotel Vila do Val”.