O Concello de Xove, a través da Concellería de Igualdade e coa colaboración da Asociación de Mulleres Bolboretas e a Asociación Pombas da Mariña, organizou onte domingo, na Igrexa Parroquial de Xove, uns actos de conmemoración do “Día Contra a Violencia de Xénero”, con arranxo ao seguinte Programa: Antes da Misa, posta de Lazos a cargo da Asociación de Mulleres Bolboretas. Ás 13:00 horas: Misa pola Paz. Á saída da Misa: Solta de Pombas no Adro da Igrexa.