Alumnos de educación secundaria do Instituto Marqués de Sargadelos de San Ciprián (Cervo) visitaron o Parlamento de Galicia, como xa o fixeron nos pasados días outros colectivos veciñais e centros educativos. Na visita estiveron acompañados polo Secretario do Parlamento, o mariñán Jose Manuel Balseiro e polos deputados Emma Álvarez (PPdeG), Ismael Rego (PSdeG) e Isabel Sánchez (BNG). Puideron facerse unha foto coa Conselleira do Mar Rosa Quintana.