Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre Marcelino Camacho e o cambio de goberno

Hai moi poucos días que faleceu Marcelino Camacho. Un político e sindicalista comprometido onde os haxa. Honrado, sinxelo, humilde, valente e sobre todo coherente cos súas ideas.

Toda a súa vida foi unha loita en pos da paz, da democracia e sobre todo na defensa dos dereitos dos traballadores.

Estivo varios anos preso, mantivo varias folgas de fame, estivo exiliado, participou en varias folgas xerais. Pero sempre, en todas e cada unha desas circunstancias tiña claro o seu ideario político e a defensa do que consideraba mais xusto.

Fundou e dirixiu Comisións Obreiras e foi o seu secretario xeral dende 1976 ata 1987.

Mesmo foi elixido deputado nas filas do partido comunista nas lexislaturas de 1977 e 1979. Cargo do que dimitiu por desacordo cos normas laborais que aprobou o Parlamento con apoio do PCE.

Como xa comentei un autentico exemplo de coherencia na súa labor política e sindical.

Hai uns días tamén tivo lugar unha remodelación do goberno. Unha remodelación mais de cara as eleccións, mais de cara a galería que a un cambio de política en si mesmo. Cambio de política que en realidade e o que reclama a maioría da sociedade.

Neste cambio de goberno entraron dous novos membros sobre os que quero comentar algo.

Un e o ministro de traballo, Valeriano Gómez Sánchez, sindicalista de UGT, que apoiou a folga xeral e rexeitaba a reforma laboral levada a cabo por o goberno. E agora entra a formar parte do goberno que levou a cabo está reforma laboral, e aínda mais, vai ter que implantar e desenrolar a reforma aprobada e co que el non estaba de acordo. Como se pode ver un grande exemplo de coherencia política. O que se pode chegar a facer por un coche e un soldo oficial.

O outro caso que quero comentar e o de Rosa Aguilar, a Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural y Mariño. Foi dirixente de Comisións Obreiras, do PCE e de IU. Militando nesas formacións políticas foi alcaldesa de Córdoba, deputada no Parlamento Andaluz e Deputada no Congreso. Como deputada no Congreso foi moi critica, e un autentico azote para o goberno de Felipe González, un goberno bastante mais socialista que o actual. No ano 2009 deixa a súa militancia e os seus cargos orgánicos en EU para entrar a formar parte como independente do goberno andaluz. E agora da o salto a política nacional. Outro grande exemplo de coherencia política. O dito, o que se pode chegar a facer por un coche e un soldo oficial.

Estes días estiven a ver un importante número de dirixentes políticos tanto do goberno como da oposición, lideres sindicais, membros de institución económicas, personaxes do mundo da cultura, etc,, opinar sobre a figura de Marcelino Camacho. Todos coinciden en realzar os seus méritos en pos da paz, da democracia, da tolerancia e destacan a súa enorme coherencia política.

Todos opinan mais ou menos o mesmo. Agora só fai falla que o apliquen na súa labor política.

Exit mobile version