- Ortigueira ‘reestrea’ este sábado o Teatro da Beneficencia co concerto de Nadal de ‘Le Barluthier’
A actuación, prevista para as 19:30 horas, terá entrada gratuíta ata completar aforo.
- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este martes na comisión de seguimento da área Rexurbe de Mondoñedo co alcalde, Manuel Ángel Otero, entre outros
Mondoñedo foi o primeiro concello galego no que se declarou unha área Rexurbe hai tres anos, e xa deu froitos como a rehabilitación dun edificio convertido en casa de maiores. Ademais, a Xunta traballa na rehabilitación doutros cinco inmobles que adquiriu na zona e que permitirán habilitar sete vivendas tras un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros.
- A Igrexa de Meira vibrará o 4 de xaneiro cos sons de Abraham Cupeiro grazas á Deputación
A institución provincial colabora con este evento único, no que se inclúe un primeiro pase ás 18:00 horas e un segundo ás 20:00 horas, cunha achega económica de 3.500€.
- Concerto de Nadal da Banda municipal de Música de Viveiro
Será este sábado 21 de decembro, ás 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz.
- A piques de cumprir os 10 anos de existencia (cúmpreos no vindeiro ano 2025), o grupo teatral O Centiño, de San Martiño, en Foz, que naceu arredor da Festa Normanda do mesmo concello, celebrou a súa habitual cea de Nadal
Foi o pasado 14 de decembro, no restaurante Xoíña de Foz. Unha boa maneira de seguir creando grupo e unidade nunha actividade tan creativa e divertida como é facer comedia polos escenarios provinciais.
- Acendido do belén Belén feito con papel de xornal reciclado elaborado pola asociación Mulleres de San Ciprián
Poderase visitar durante estas festas na Casa do Mar, en San Cibrao.
- Unha figura de Otero Regal na exposición de beléns "Al pie de la cuna" de Madrid
Aparece en “O Nacimiento da Estrela”, localizada na rúa Maestro Angel Llorca, 4.